O SUP alerta da escasa presenza policial en edificios oficiais de Santiago

San Caetano, o Parlamento ou Monte Pío son exemplos nos que a presenza dos corpos de seguridade se reduciu "á mínima expresión". 


|

Sancaetano 1


O Sindicato Unificado de Policía (SUP) alertou ante o "abandono", xa denunciado "hai varios meses", dos servizos de seguridade dos edificios oficiais de Santiago de Compostela por parte da Xefatura da Policía Autonómica.


Así, a través dun comunicado emitido este domingo, indicou que "a presenza policial" en complexos como San Caetano, o Parlamento ou Monte Pío "redúcese á mínima expresión".


De feito, asegura que "na madrugada do sábado, un individuo accedeu ao recinto do Parlamento de Galicia, onde prestaba servizo un só policía, tendo que interceptar el só á devandita persoa".


Por iso, insta á Xefatura da Policía Autonómica a acometer unha "reestruturación" dos servizos, unha demanda que xa foi trasladada ás autoridades sen que recibisen "resposta algunha".


Así, o sindicato propuxo "a supresión do servizo" en San Caetano "a quenda fixa, mantendo só a presenza policial cando o complexo administrativo estivese aberto" e que se encargue deste labor "unha empresa de seguridade privada" como xa ocorre, segundo o SUP, "noutras comunidades autónomas".

relacionada Santiago, "no punto de mira do terrorismo" e sen policías suficientes
relacionada O centro de Lugo terá máis presenza policial tras as últimas pelexas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE