Extinguido o incendio de Melón, o segundo nunha semana na parroquia de Quins
As lapas calcinaron un total de 16,4 hectáreas de monte arborizado | O mércores pasado quedou extinguido un incendio na mesma parroquia que calcinou 159 hectáreas.
// @briflaza
O incendio que afecta á parroquia de Quins, no municipio ourensán de Melón, quedou extinguido ás 18,41 horas deste domingo, segundo informou a Consellería do Medio Rural.
Así, as chamas calcinaron un total de 16,4 hectáreas de monte arborizado. Nas tarefas de extinción participaron seis axentes, 15 brigadas, 12 motobombas, unha pa e un helicóptero, así como efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES).
Este é o segundo incendio forestal que afecta á parroquia de Quins en apenas uns días. O pasado mércores quedou extinguido un lume logo de calcinar 111 hectáreas de superficie arborizada e 48 de monte raso.
Escribe o teu comentario