Extinguido o incendio de Melón despois de calcinar 159 hectáreas
Son 111 hectáreas de monte baixo e case 49 de arboleda.
// @Briflaza
O incendio forestal que comezou na noite do domingo no municipio ourensán de Melón quedou extinguido este mércores tras queimar unhas 159 hectáreas.
Así o indicou a Consellería do Medio Rural, que concretou que 111 hectáreas afectadas foron de monte raso e outras 48,77 de monte arborizado.
Este lume, rexistrado na parroquia de Quins, en Melón, comezou ás 23,00 horas do domingo e quedou controlado ás 21,42 horas do luns, tras o que foi extinguido.
Escribe o teu comentario