Varios cortes de tráfico afectarán esta semana ao Corredor do Morrazo

Terán lugar o luns, martes e mércores, no tramo final do corredor, desde a ligazón de Cangas. 


|

Corredormorrazo 1


O Corredor do Morrazo rexistrará esta semana varios cortes de tráfico co fin de realizar voaduras e outros traballos no tramo II, co obxectivo de seguir avanzando nas actuacións de conversión en autovía. Este peche ao tráfico responde á necesidade de garantir a seguridade de usuarios e traballadores.


Segundo informou a Xunta, a primeira das modificacións no tráfico terá lugar o luns e o martes, no tramo final do corredor, desde a ligazón de Cangas ata o final do Corredor, para levar a cabo o repintado no lugar onde se fixo unha rehabilitación localizada do firme. Neste caso, será necesario cortar ao tráfico un dos carrís, dando tráfico alternativo. Os cortes terá lugar o luns 19, entre as 9,00 e as 20,00 horas, e o martes, día 20, no mesmo horario.


Por outra banda, o mércores, día 21, levarase a cabo, de 10,00 a 13,00 horas, un corte ao tráfico, para a realización de voaduras nos tramos I e II, para o que será necesario cortar de novo o tráfico.


A Autovía do Morrazo é a maior obra viaria que ten actualmente a Xunta en execución, con obras nos tramos I e II e o tramo III en proceso de contratación, supoñendo un investimento total de 54 millóns de euros.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE