A cidade de Lugo necesita outro colexio na zona centro

|

Colegiomenores


O concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas de Lugo, Manuel Núñez, remitiu dous escritos á Xunta en cumprimento dos acordos adoptados polo Consello Escolar Municipal de Lugo.


Segundo informou nun comunicado, nun deles pídeselle á administración autonómica que avalíe as necesidades de creación dun centro escolar público no termo municipal lucense situado na zona entre murallas ou lindeiras.


No outro escrito, pídese á Xunta avaliar os requisitos legais establecidos, dentro da normativa referente a instalacións e seguridade que afecta os centros concertados na comunidade, para o CPR Plurilingüe A Milagrosa. Tamén se insta á emisión dun informe ao Consello relativo ao cumprimento de tales requisitos.

relacionada O mapa de colexios de Lugo necesita unha revisión urxente
relacionada ​O PSdeG critica que a Xunta salva aos colexios concertados dos recortes

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress