A Coruña volve xogar con outro cartel, esta vez o de San Xoán
Tras a polémica cun dos deseños do entroido, os dobres sentidos dos anuncios da próxima festa dan que pensar sobre se é algo calculado ou inocente.
Non se trata de buscarlle tres pés ao gato, pero se o concello da Coruña segue este camiño, vai ser lembrado polos seus carteis. E é que tras o famoso e polémico deseño do Entroido, que custou ao concelleiro de Culturas unha visita ao xulgado, volven conseguir un certo balbordo co do San Juan.

E é que os dobres sentidos de o tríptico coas parrochiñas viviiiiiiñas! e os carteis colgados en vertical dos farois da cidade non pasaron desapercibidos.
En principio o deseño consistía na sardiña, símbolo por excelencia da noite de San Xoán, colocada en horizontal. Foi no momento en que se pasou ao formato vertical cando os máis agudos empezaron a sacarlle dobres sentidos, fundamentalmente nas redes sociais.
De momento non se repetiu a polémica levantada pola denuncia contra o cartel do Entroido, pero a decoración herculina aínda é moi recente. Esperamos acontecementos nos próximos días.
Escribe o teu comentario