Tal día como hoxe nacía Luís Seoane, un artista "total"

|

Fundacionluisseoane


"Pintor, gravador, editor, deseñador gráfico, muralista, escenógrafo, poeta, narrador, guionista, ensaísta, comunicador en prensa escrita e radiofónica, crítico e teórico das artes". Así describen desde a Fundación Luís Seoane a unha das figuras máis importantes da arte e da cultura galegas de todos os tempos no 107 aniversario do seu nacemento


Baixo o título 'Episodios dunha vella historia', a Fundación renderá este xoves ás 20,30 horas unha homenaxe ao artista con un recital-concerto no que o actor Santiago Fernández e o músico Sergio lópez interpretarán poemas de Seoane. 


Segundo a organización, trátase dunha homenaxe a un artista "total". "Ao seu compromiso coa súa terra", engade. Ademais, sinala que será unha oportunidade "para achegarse á vertente máis política de Seoane, sen a que a súa obra non podería entenderse".


Na homenaxe, poñerase voz e música "a unha coidada selección de textos" en base á adaptación por parte do escritor e director do estudo de teatro Casahamlet, Santiago Fernández, de 15 poemas do artista galego.


Destes poemas, a Fundación Luís Seoane destaca os temas que aborda o autor "como a emigración, a loita de clases, a ausencia de xustiza para os máis desfavorecidos, o fracaso individual e colectivo ou os estragos do capitalismo salvaxe".

relacionada O MAC inaugura unha mostra con gañadores das súas bolsas de creación artística
relacionada ​O himno galego pasa unha revisión polo seu cento décimo aniversario
relacionada Abre o prazo para a presentación de candidaturas aos Premios da Cultura Galega 2017

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress