O Parlamento non coñecerá os detalles do retiro millonario de José Luis Méndez por confidencialidade

O BNG denuncia que Abanca nega a documentación sobre a compensación opaca do ex directivo e sobre a venda dos activos das caixas extintas.


|

Joseluismendezcaixagalicia


O BNG denunciou a "intolerable" actitude "obstrucionista" da dirección de Abanca coa comisión parlamentaria de investigación das caixas, á que, segundo asegura a formación, remitiu un escrito comunicando "a súa negativa" a facilitar a documentación solicitada por este grupo político, que pedirá que a Mesa do Parlamento e a propia comisión tomen "medidas".


O BNG considera que "ninguén pode estar por encima do Parlamento" e menos nunha cuestión como "a desaparición das caixas de aforro", que causou "un enorme prexuízo a Galicia".


En concreto, o BNG explica que Abanca se nega a "facilitar a documentación relativa á indemnización do ex director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez, así como a relativa á venda ou cesión de activos aos membros dos comités de dirección da extinta Caixa Galicia ou os seus familiares".


No caso concreto de Méndez, o BNG pedía toda a información relacionada coa súa "indemnización de 18 millóns", en particular a acta do consello de administración que deu luz verde á mesma, así como todo o relativo ao "opaco proceso de venda dos activos das caixas", como o caso concreto de Geriatros, e a compra-venda de activos da que "supostamente se beneficiaron familiares directos do ex directivo".


O BNG considera que "os supostos límites legais que alega o conselleiro delegado da entidade, Francisco Botas Ratera, non son máis que unha nova mostra da opacidade" do sector bancario e "un intento descarado" de "impedir que se coñeza a verdade negándose a colaborar coa comisión de investigación".

relacionada A comisión das caixas galegas segue sen plan de traballo "tres meses despois"
relacionada Feijóo reparte as culpas da caída das caixas entre banqueiros, políticos e o Banco de España

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE