Os grupos saúdan a implantación en Galicia dun delegado da fiscalía anticorrupción

En Marea tacha de "corrupto" ao fiscal anticorrupción e o PP ve "inapropiadas" esas manifestacións


|

Ministeriofiscalabuso


Todos os grupos con representación no Parlamento galego saudaron este martes que o fiscal xeral do Estado, José Manuel Maza, abrise a porta a analizar a implantación dunha delegación da fiscalía anticorrupción en Galicia.


Preguntada por esa posibilidade, que Maza comentou na Cadea SER, a portavoz do BNG no Parlamento, Ana Pontón, valorou a iniciativa, pero xulgou que o "máis importante" é que funcione "con independencia" e "sen interferencias do PP".


"Porque se imos ter un fiscal que funciona con directrices de que non se pode investigar ao PP, non se se cumprirá un papel real", resolveu.


A continuación, o portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, lembrou que o seu grupo xa o solicitou no pasado porque considera que sería "útil". E tamén puxo o foco na importancia de que traballe de forma "independente" e "con total autonomía".


Desde En Marea, a súa viceportavoz na Cámara galega, Antón Sánchez, evocou tamén a súa petición no mesmo sentido e incidiu en que o seu labor debe estar "separada" do poder executivo.


Non en balde, entendeu que é "un problema fundamental" non distinguir ambos os espazos, como se viu na operación Lezo. "Non se pode colocar un corrupto de fiscal anticorrupción", sentenciou sobre Manuel Moix.


"INAPROPIADO"


Fronte a iso, o portavoz do PP no Pazo do Hórreo, Pedro Puy, deixou en mans da administración de Xustiza a decisión sobre a creación de novos órganos, á vez que reprobou as palabras de Sánchez.


"Nós sempre respectamos á Xustiza", salientou, para deixar claro que "non" subscribe unhas manifestacións que tachou de "inapropiadas".

relacionada O 'tramabús' recala en Galicia para evidenciar a "denominación de orixe" da corrupción
relacionada Ana Pontón agarda que a "corrupción do PP" non "salpique a Galicia"
relacionada Pedro Puy desmarca o PP galego das "denuncias por corrupción"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE