Madina, en Pontevedra: "Deixemos atrás o desastre histórico de dous anos e medio"

Aposta por Susana Díaz para liderar a Secretaría Xeral do PSOE e atribúe a Sánchez "os peores resultados" da historia do PSOE. 


|

Eduardomadina


O deputado do Partido Socialista no Congreso Eduardo Madina protagonizou este sábado en Pontevedra un encontro con militantes para defender a candidatura de Susana Díaz á Secretaría Xeral do PSOE, onde defendeu a vitoria da política andaluza. "A partir de aí empezar a reconstruír" o PSOE, subliñou.


Tras pasar previamente polo municipio pontevedrés de Caldas de Reis, Madina acudiu ao Hotel Avenida da cidade do Lérez onde estivo arroupado, entre outros, pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o deputado autonómico Abel Losada.


Madina instou aos socialistas para decidir "entre o pasado e o futuro". Un pasado que enmarcou "nos dous últimos anos e medio", segundo manifestou, e que, ao seu xuízo, supón "os peores resultados da nosa historia" e unha "enorme crise interna".


"VOCACIÓN DE GAÑAR SEMPRE"


Eduardo Madina quere que o PSOE "teña vocación de gañar sempre para que á xente deste país lle vaia mellor sempre" e, por isto, aposta por "abrir un tempo novo, de unidade e de futuro".


Neste sentido, o deputado socialista afirmou que está "convencido de que Susana Díaz vai gañar este congreso" para abrir unha etapa nova "e a partir de aí empezar a reconstruír o partido", recalcou.


Así, Madina quixo enviar desde Pontevedra un mensaxe a Pedro Sánchez, a quen pediu que no debate do próximo luns xunto aos outros dous aspirantes a dirixir o PSOE "desautorice" a quen desde a súa candidatura "se dedica a insultar".


Sobre esta cita espera que Patxi López e Susana Díaz sigan "falando ben do partido", pero especialmente espera da presidenta andaluza siga "ofrecendo un proxecto de futuro".


Finalmente, Eduardo Madina expresou a súa confianza en deixar "atrás este desastre histórico de dous anos e medio da anterior dirección" e que o Partido Socialista "se esqueza do seu chan electoral, que é o teito electoral do señor Sánchez".

relacionada Rocío de Frutos deixará o PSOE se Susana Díaz gaña as primarias
relacionada O PP prefire enfrontarse nunhas eleccións a un PSOE liderado por Sánchez

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE