A Deputación doa a Cruz Roja unha ambulancia 100% 'made in Ourense'

Para o presidente de Cruz Roja Ourense trátase dunha contribución "moi importante", polo importe do vehículo, uns "60.000 euros"


|

Ambulanciatrabajadorescruzroja


A Deputación de Ourense entregou este luns unha nova ambulancia á Cruz Roja provincial, co obxectivo de reforzar o seu parque móbil cun vehículo dotado de todas as novidades e que foi realizado 100% en Ourense.


Así o destacou durante a entrega o presidente da institución provincial, Manuel Baltar, que confirmou a "colaboración e compromiso" da Deputación coa organización humanitaria. 


"Seguimos renovando a frota de Cruz Vermella cunha ambulancia pensada, construída e deseñada por unha empresa de Ourense que é líder neste campo, a nivel nacional e tamén en exportación", explicou Baltar antes da entrega do vehículo.


A ambulancia conta no seu equipamento cun desfibrilador, ademais de material para inmobilizar a feridos, unha cadeira para evacuación por escaleiras, instrumental de electromedicina, equipos de osixenación ou mochilas para primeiros auxilios.


No seu interior ten capacidade para seis prazas. Entre as súas características destacan a súa construción en materiais ignífugos e hidrófugos, e a existencia de tomas de corrente, osíxeno e iluminación LED.


CADUCIDADE


Ferreiro agradeceu a doazón da ambulancia por mor da "caducidade" da máis antiga da entidade, que ten que saír de circulación ao cumprirse este mes de abril os seus dez anos tal e como establece a normativa sobre transporte sanitario.


Para o presidente de Cruz Vermella Ourense trátase dunha doazón "moi importante", polo importe do vehículo "60.000 euros" e porque "ao longo de 2016 as ambulancias participaron en 130 actividades preventivas e atenderon a 293 persoas".

relacionada Baltar estrea este mes un Audi de 60.000 euros adquirido sen concurso público
relacionada Pacientes de hemodiálise piden mellorar as 'maratonianas' rutas en ambulancia ao HAC

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE