Baltar estrea este mes un Audi de 60.000 euros adquirido sen concurso público

A Deputación de Ourense anunciou a compra nun decreto cun procedemento negociado con só dúas empresas do mesmo grupo.


|

Manuelbaltarblancobanco


O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibe na primeira quincena deste mes un flamante Audi A6, un novo coche oficial que lle custa á institución provincial 59.900 euros (impostos incluídos). O parque móbil da Presidencia engorda cun novo vehículo dunha marca que lembra a a polémica dos coches oficiais do bipartito.


Ao procedemento negociado e sen publicidade para a adquisición deste coche presentáronse dúas empresas do mesmo grupo, a pesar de que a institución convidou a tres. Báltico Automoción Pérez Rumbao S.A. (Balpersa) presentou como opción un Volvo S90 D5, 1.000 euros máis caro que o alemán. O vehículo da oferta seleccionada no decreto, a mellor en clave económica, de Automóbiles Pérez Rumbao, S.A. (Apersa), é un Audi A6 Sline 3.0TDI Quattro de 272 cabalos.


GRANDES COCHES, GRANDES SOLDOS


O presidente da Deputación de Ourense estrea cochazo este mes, acorde ás súas retribucións. Manuel Baltar cobra máis que un ministro, segundo o Portal de Transparencia da institución provincial. Se unha carteira do Executivo central supón un salario de 69.600 euros ao ano, o líder dos populares ourensáns supera os 72.000 brutos por presidir a Deputación.


As cifras do portal tamén reflicten a retribución do seu número dous, o popular Jorge Pumar, que está a cobrar 59.630 euros brutos cada ano. Ademais, outros tres representantes con dedicación exclusiva no ente provincial, Pablo Pérez, Montserrat Lama e José Ignacio Gómez, rozan os 41.000 euros brutos.


A lista segue con outros tres deputados con dedicacións parciais, que reciben 30.777 euros brutos, e cos representantes que só cobran as dietas de 280 euros por un pleno ao mes.

relacionada Os Baltar non lle coan á Audiencia de Ourense o seu intento de cambiar a xuíza
relacionada Baltar presiona á Xunta a favor dunha internet de calidade no rural

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE