Baltar presiona á Xunta a favor dunha internet de calidade no rural

O presidente da Deputación de Ourense defende que se trata dunha cuestión de "equilibrio territorial" necesaria tamén para a competitividade das empresas.


|

Baltarinternet


O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial co presidente da Comisión de Agricultura do Parlamento de Galicia, Moisés Blanco, con quen analizou temas referidos a medio rural e tecnoloxías da comunicación.


En concreto, Baltar instou a Moisés Blanco a que a Xunta de Galicia dispoña actuacións que permitan dotar de servizos de banda larga ultrarrápida ás empresas do rural. "Trátase de romper coa desigualdade dixital fronte ás empresas de zonas máis urbanas, aumentando así a súa competitividade", defendeu Baltar.


Baltar, indicou a Deputación de Ourense nun comunicado, puxo como exemplo a "necesaria" actuación no parque empresarial de Pontedeva, cuestión que xa trasladou en varias ocasións, precisou, á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).


Así mesmo, indicou ao presidente da Comisión de Agricultura "a necesaria actuación conxunta e coordinada da Xunta de Galicia e do Goberno de España no despregamento de redes de acceso de nova xeración (RNA), de moi alta velocidade (100Mbps), empregando para iso os fondos europeos dos que dispoñen ambas as administracións para tal labor".


Manuel Baltar e Moisés Blanco, sinalou a Deputación, entenden que o Goberno de España "debería de obrigar aos operadores que resultaron adxudicatarios de bloques de frecuencias na banda de 800 Mhz a completar conxuntamente, e antes do 1 de xaneiro de 2020, unha cobertura que permita, como mínimo, ao 90 por cento dos residentes en poboacións de menos de 5.000 habitantes ter acceso a unha velocidade de 30 megabits por segundo".


"Estamos a falar de dereitos cidadáns e de equilibrio territorial, dúas esferas de actuación prioritarias", destacou Baltar.

relacionada Ourense, referencia do termalismo europeo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE