O novo fenómeno do fado portugués presentará o seu disco no Auditorio de Galicia

António Zambujo colocouse no primeiro posto do top portugués de vendas co último álbum.


|

AntonioZambujo


António Zambujo, o novo fenómeno do fado portugués, ofrece un concerto no Auditorio de Galicia o vindeiro domingo 14 de maio. As entradas poden comprarse de maneira anticipada en Ticketea ao prezo de 20 euros.


En só dúas semanas, António Zambujo conquistou o Disco de Ouro co seu novo álbum, 'Ate Pensei Que Fosse Minha', e á semana seguinte xa conseguiu o primeiro posto do top portugués de vendas, tanto en formato físico como dixital, segundo indicou a organización nun comunicado.


'Ate Pensei Que Fosse Minha" é un proxecto moi especial na carreira de António Zambujo, sendo composto soamente por cancións de Chico Buarque, mestre da música popular brasileira, que chega mesmo a colaborar co músico portugués na canción 'Joana Francesa'.


Para este disco, António Zambujo contou tamén coa colaboración da cantora brasileira Roberta Sá, no tema 'Sem Fantasia', e da fadista Carminho, en 'O Meu Amor'.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE