Denuncian que a Xunta "exclúe" dos seus campamentos a menores con discapacidade

Política Social recolle como requisito na súa convocatoria de prazas para os campamentos deste verán "non padecer trastorno de conduta e/ou comportamento que dificulte a convivencia".


|

Campamentogreenpeace2


A asociación Pétalos, de axuda a persoas que padecen trastornos de apego, denunciou que a Xunta de Galicia "discrimina a menores con trastornos de conduta excluíndoos dos seus campamentos de verán".


Segundo indicou a entidade, o artigo 3,3 da Orde da Consellería de Política Social que convoca as prazas para os campamentos de verán deste ano recolle que, para ser admitido, "será necesario non padecer trastorno de conduta e/ou de comportamento que dificulte a convivencia".


Para a entidade, esta "exclusión con carácter xeral" e "sen limitación ou condición ou excepcións algunhas", exclúe "a posibilidade de participar nos referidos campamentos a calquera mozo que padeza trastorno de conduta ou comportamento que dificulte a convivencia".


Petalos pediu a nulidade desta norma "por considerala discriminatoria e estigmatizante e atentar contra os dereitos á inclusión das persoas con discapacidade" e denunciou esta situación ao Defensor do Pobo e ao Valedor do Pobo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE