Os profesionais do Sergas poderán acceder á súa información profesional desde o móbil
Na primeira quincena deste mes habilitarase a nova funcionalidade da oficina virtual que utilizan os sanitarios.
Na primeira quincena de maio estará dispoñible a nova funcionalidade do programa FIDES (Oficina Virtual do Profesional) para os profesionais do Servizo Galego de Saúde (Sergas).
Esta ferramenta, tal e como indicou a Xunta nun comunicado, estará dispoñible desde calquera dispositivo móbil (teléfonos e tabletas), e tamén se habilita o acceso a FIDES a través de CHAVE 365, e non só con certificado dixital ou DNI electrónico como ata agora.
En concreto, as novas funcionalidades en FIDES permitirán o acceso aos datos persoais e edición dos mesmos; a consulta das noticias e mensaxes personalizados; consulta das nóminas; resumo dos procesos nos que participan os profesionais; e resumo dos méritos achegados polos profesionais e estado no que se atopan no seu expedient-e.
Todos os usuarios de FIDES recibirán esta información nos próximos días vía e-mail, a través da publicación na páxina do Sergas, e actualizando as 'Noticias' xerais en FIDES.
Escribe o teu comentario