O gasto sanitario por habitante en Galicia era un 7% maior antes da crise

|

Hospitalpaciente 1


O gasto sanitario por habitante en Galicia situouse en 1.340,7 euros en 2014, o que supón un 7% menos que antes da crise, cando o gasto per cápita supoñía 1.442,1 euros en 2008.


Así figura nos datos do libro 'A sanidade española en cifras 2016', editado polo Círculo da Sanidade, tras analizar 250 indicadores sanitarios da base estatística do Ministerio de Sanidade.


Con todo, segundo estas cifras, o gasto sanitario en Galicia está un 4% por encima da media española. O libro foi elaborado pola Fundación Gaspar Casal, dirixido por Juan del Llano, e coordinado pola profesora Alicia Coduras.


Segundo destacan, a brecha territorial no gasto sanitario por persoa en España ampliouse do 27% ao 54% entre 2008 e 2014. Unha cuestión que atribúen a un contexto de recortes orzamentarios xeneralizados e un problema profundo de desigualdade no sistema sanitario español.


Ademais, a valoración dos galegos do funcionamento da sanidade pública está por baixo da media nacional, á que puntúan cun 6,16. Unha cifra que está lixeiramente por encima da nota media en España.

relacionada As tarxetas sanitarias galegas comezan a funcionar en farmacias doutras comunidades
relacionada Polémico novo ascenso de Eloína Núñez na sanidade galega

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress