Aumenta o número de fogares galegos con todos os seus membros en paro

A Enquisa de Poboación Activa mostra un aumento en 4.300 unidades no primeiro trimestre de 2017, ata un total de 73.900. 


|

Parogentefamilias


O número de fogares no que todos os seus membros activos están en paro en Galicia aumentou en 4.300 unidades no primeiro trimestre deste ano respecto dos tres meses anteriores ata un total de 73.900.


Así figura na Enquisa de Poboación Activa (EPA) feita pública este xoves, na que se recolle que hai un descenso de 6.300 unidades fronte a un ano antes (-7,9%).


Pola súa banda, o número de fogares nos que todos os seus membros activos son ocupados diminúe en 12.700 unidades, ata un total de 558.000.


Con todo, en relación co primeiro trimestre de 2016, hai 9.200 fogares máis con todos os seus membros activos, o que supón unha alza o 1,7% en termos relativos.


Ademais, o número de fogares nos que non hai ningún membro activo sobe en 4.200 ata 346.000 (+1,2%). Respecto de 12 meses antes increméntanse en 1.900 (+0,6%).

relacionada Sobe o paro en 12.900 persoas en Galicia
relacionada Un de cada catro parados galegos vive nunha situación de desemprego crónica
relacionada O paro en España segue sendo case o dobre da media dos países da eurozona

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE