Sobe o paro en 12.900 persoas en Galicia
No primeiro trimestre do ano, o número de persoas sen traballo ascende a 4.255.000 no conxunto de España.
O paro subiu en Galicia en 12.900 persoas no primeiro trimestre do ano respecto ao trimestre anterior, un 6,33% máis, fronte ao 0,41% rexistrado pola media do conxunto estatal, e situou o total en 217.100 desempregados, segundo os datos da enquisa de poboación activa que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística.
Mentres, o número de ocupados descendeu en 15.900 na comunidade galega, ata 1.033.600, o que representa unha caída do 1,52% en comparación co último trimestre de 2016.
No conxunto do Estado, o paro subiu en 17.200 persoas no primeiro trimestre do ano, o que supón un 0,4% máis que no trimestre anterior, ata situarse o total de desempregados en 4.255.000 persoas. A taxa de paro incrementouse unha décima no primeiro trimestre, ata o 18,75%, mentres que a taxa de actividade baixou case dúas décimas, ata o 58,78%, tras reducirse o número de activos en 52.600 persoas entre xaneiro e marzo.
Escribe o teu comentario