A USC participa nun desenvolvemento para controlar o radón de forma automática
O sistema, compatible mesmo con grandes edificios, promete ser asequible e controlarase mediante unha aplicación móbil.
Investigadores do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e do Instituto de Microelectrónica de Barcelona participan nun proxecto para desenvolver un sistema automático e asequible que controle os niveis de radón nos edificios.
O sistema, que se controlará mediante unha aplicación no móbil, dispoñerá dunha versión máis sinxela para usuarios domésticos e outra para grandes instalacións, segundo explica a universidade nun comunicado de prensa.
O radón é un gas nobre que constitúe a maior fonte de exposición a radiación natural en humanos. O obxectivo deste proxecto é un sistema que controle os seus niveis e ofreza unha resposta automática, adaptando a ventilación ou climatización en función da súa concentración.
Escribe o teu comentario