A USC fará medicións de concentración de gas radón en edificios municipais da Coruña

Levaranse a cabo durante tres meses en edificios como a Domus ou a Casa das Ciencias para logo emitir un informe con recomendacións. 


|

Maparadonprofesoresusc


O goberno local da Coruña, a través da Concellería de Facenda e Administración, realizará unha serie de medicións para determinar se existe gas radón en edificios municipais, segundo informa.


Nun comunicado, sinala que estas medicións foron contratadas co Laboratorio de Análise de Radiacións da Universidade de Santiago de Compostela (USC).


Ademais, vincula esta actuación co "compromiso co medio ambiente e a responsabilidade de garantir que o funcionariado traballe en condicións seguras e óptimas para a súa saúde", segundo engade.


As medicións, que terán lugar en diversas estancias dos edificios do Concello da Coruña, o museo e a biblioteca da Casa das Ciencias, os Peixes e a Domus, ademais de edificios administrativos, levarán a cabo durante tres meses para, posteriormente, emitir un informe final e determinar as recomendacións.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE