O Dépor quere repetir contra o Madrid a sopresa do Barça

"Estamos a desexar que chegue o mércores para limpar a imaxe do último partido", declarou Andone.


|

Entrenodepor 1Sen descanso esta semana. // Fonte: RC Deportivo


Seis adestramentos e dous partidos. É ao plan de traballo do Dépor nunha semana que pode ser a que sirva para selar a permanencia, tal e como informa o club na súa web. O primeiro choque é o do mércores contra o Madrid en Riazor e o domingo xogarán no Sadar ante o Osasuna.


O cadro deportivista quere borrar a imaxe dada ante a Real Sociedade. Así o expresou Andone, que declarou que "estamos a desexar que chegue o mércores para limpar a imaxe do último partido e que mellor partido que contra un grande para darlle a volta á situación".


O romanés insistiu en que "lle temos moitas ganas ao Madrid" e en que irán "a por todas" para salvar a categoría canto antes. Con todo, no vestiario son conscientes de que os brancos chegan tras unha derrota e quererán desquitarse. Neste sentido, Andone valorou que "a baixa de Ramos é un alivio porque é o mellor central do mundo".


Pediu, iso si, o empuxe da bancada. "A afección foi sempre exemplar, responderon e coidáronnos, só temos palabras de agradecemento e espero que nos partidos que quedan nos apoien ao máximo".

relacionada O Dépor cae pola mínima en Anoeta sen apenas loitar

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE