Comisados 527 quilos de ourizo de mar no porto de Oza

A Garda Civil encargouse de devolver os exemplares en cuestión ao mar, posto que aínda se atopaban con vida. 


|

Erizodemar


Efectivos da Garda Civil incautáronse de 527 quilos de ourizo de mar que trataran de transportar de forma ilegal desde o porto de Oza sen pasar por lonxa.


O instituto armado explica que uns axentes observaron na mañá do xoves que tres embarcacións descargaban as súas capturas directamente a un camión sen que estas pasasen os trámites regulamentarios na lonxa da Coruña.


Tras interceptar o vehículo cargado de mercadoría no barrio coruñés de Matogrande, procedeuse a inspeccionar a carga, atopando 527,5 quilos de ourizo de mar que carecía de documentación de transporte.


A Garda Civil encargouse de devolver ao mar os exemplares en cuestión, desde unha das patrulleiras coas que conta o Servizo Marítimo da Garda Civil, xa que as capturas atopábanse aínda con vida.


As tres embarcacións identificadas e os seus patróns foron denunciados pola súa participación nunha infracción á Lei de Pesca de Galicia por captura e descarga de ourizo sen pasar por lonxa.


Así mesmo dúas destas barcas foron precintadas por posuír un exceso de potencia nos motores que levaban instalados e para a que non estaban autorizados. Das actuacións practicadas deuse oportuna conta á Xunta de Galicia.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE