furtivismo

Furtivo con torpedo submarino detido por coller percebes sen permiso
Axentes da Policía Autonómica han detido a un individuo por extraer de forma ilegal percebes, na zona comprendida entre Barrañán e o Porto exterior da Coruña, que utilizaba un torpedo para desprazarse varios quilómetros baixo a auga e evitar así ser localizado.
Un novo reforzo na Illa de Arousa contra o furtivismo

Rosa Quintana, a conselleira do Mar, presidiu este venres na Illa de Arousa a botadura dunha nova embarcación de vixilancia. A nave é máis rápida e consome menos, o que contribuirá a loitar contra o furtivismo e permitirá realizar traballos de pesada a bordo

Vídeo de furtivo sorprendido colocando trampas

APRAFOGA, colectivo dos axentes ambientais, difunde un vídeo filmado con cámara oculta. Os funcionarios recolleron probas así da actuación dun cazador furtivo nunha leira da Xunta.

Buscan aos "delincuentes" que mataron a tiros a outra loba

É a segunda loba cazada ilegalmente en Galicia en menos dunha semana. Trátase dun exemplar abatido en Riós, no Sur de Ourense. O outro mamífero fora cazado en Coristanco.

Deteñen no Porriño un cargamento de máis de 4 toneladas de ameixa furtiva

Nin a furgoneta podía transportar tanto peso, nin alimentos perecedoiros. Sospeitan que o marisco viña de Cádiz e Huelva.

Comisados 527 quilos de ourizo de mar no porto de Oza

A Garda Civil encargouse de devolver os exemplares en cuestión ao mar, posto que aínda se atopaban con vida. 


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress