Un novo reforzo na Illa de Arousa contra o furtivismo

Rosa Quintana, a conselleira do Mar, presidiu este venres na Illa de Arousa a botadura dunha nova embarcación de vixilancia. A nave é máis rápida e consome menos, o que contribuirá a loitar contra o furtivismo e permitirá realizar traballos de pesada a bordo


|

Rosa Quintana, a conselleira do Mar, presidiu este venres na Illa de Arousa a botadura dunha nova embarcación de vixilancia. A nave é máis rápida e consome menos, o que contribuirá a loitar contra o furtivismo e permitirá realizar traballos de pesada a bordo


Rosa Quintana, conselleira do Mar


No acto, no que tamén participou a directora xeral de Pesca, Mercedes Rodríguez, a conselleira destacou que o novo barco dispón dun sistema de motor que incrementa a velocidade e reduce o consumo de combustible. Conta tamén con innovacións que melloran a seguridade e a habitabilidade a bordo.

Rosa Quintana subliñou que o barco se engloba no plan de produción e comercialización de 2018 da OPP 20 da Illa de Arousa, á que pertence a Confraría e que foi aprobado pola Consellería do Mar.

Deste xeito, opta ás axudas do departamento autonómico a estas organizacións, para proxectos destas características, e pode alcanzar o 90% da subvención do seu custo total.

En relación ás axudas para organizacións de produtores pesqueiros, a Consellería sinalou que se destinaron un total de 2,2 millóns de euros á convocatoria de 2018.

Con estas axudas apóianse medidas incluídas nos seus plans de produción e comercialización, como o da embarcación botada este venres. Tamén se apoia a xestión das OPP e o desenvolvemento das súas accións pesqueiras e de acuicultura sustentables.

A nova embarcación da Confraría tamén contribuirá a facer fronte común na loita contra o furtivismo. Rosa Quintana lembrou o "importante esforzo" da Xunta nesta cuestión, a través de vías como os controis rutineiros do Servizo de Gardacostas e os que realizan xunto cos corpos e forzas de seguridade do Estado.

De forma paralela, tamén apoia ao sector coa contratación de guardapescas das Confrarías.

Así mesmo, a embarcación botada servirá para traballos de pesada, xa que pode pesar o produto capturado, na zona de traballo. A maiores, conta con contedores isotérmicos homologados para almacenar a carga a bordo. Para desenvolver estas funcións dispón de "un innovador deseño" que a "fai única no sector", manifestou.

Á parte do sistema de motor que reduce o consumo de combustible, o barco dispón de cuberta que expulsa a auga que entra na embarcación, aumentando así a seguridade da tripulación.

Outra das súas prestacións é o realce de proa para poder aumentar as dimensións da ponte de goberno e da zona para o descanso da tripulación.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE