Celso Borges: "Nas últimas xornadas téndese a correr menos riscos"

O costarriqueño admite que están pendentes dos resultados doutros equipos, pero advirte de "que iso non nos condicione o noso rendemento".


|

BorgesdeporCelso Borges, en Riazor. //Fonte: RC Deportivo.


O Dépor trata de dar o último arreón para certificar a permanencia. Celso Borges defende que aínda que o obxectivo se ve preto, "non se acabou e cantos máis puntos poidamos sumar, mellor". Neste sentido, sostén que "a min ata que as matemáticas me digan o contrario, temos que xogar con esa chispa sempre, non podemos relaxarnos".


Ante as cuestións polo xogo feo e resultadista do Dépor, o centrocampista sostén que "como son as últimas xornadas, téndese a correr menos riscos" porque "todo pasa polos resultados". Así, describiu o guión do partido ante o Málaga como "unha pelexa de boxeo, mirando que pode traer o outro, para na segunda parte resolver".


É a liña que o equipo manterá en Anoeta, coa mirada posta no partido da primeira volta, que o Dépor gañou por goleada. "Cando xogamos na casa fixémoslles sentirse incómodos e imos a polo mesmo, pero sen perder a nosa esencia", afirmou, aínda que recoñece que a situación é completamente distinta, porque "cada un xoga polo seu, imaxínome que o toman como outro paso máis para o seu obxectivo".


O xogador recoñece que o vestiario segue de preto os resultados dos rivais. "É normal, sobre todo cando é o día antes, estar pendentes, pero que iso non condicione o noso rendemento porque despois tócanos a nós", defende.


E cuestionado sobre se segue sendo a primeira opción para tirar penaltis, Borges asegura estar "disposto, non por fallar un vou deixar de tirar, iso xa pasou, foi hai tempo".

relacionada Joselu e Mosquera achegan o Dépor á permanencia
relacionada Álex Bergantiños: "Despois da vitoria vese todo un pouco mellor esta semana"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE