O 112 empeza a funcionar na Estrada

Segundo o servizo de emerxencias, a nova central funciona "con total normalidade", a pesar de que comeza co persoal en folga.


|

Emerxencias112sedeestrada


O inicio da actividade no novo Centro Intregrado de Atención ás Emerxencias (CIAE 112) situado no municipio da Estrada (Pontevedra) levouse a cabo "con total normalidade", segundo informou o servizo de emerxencias, a pesar de que o traslado se produce baixo unha folga do persoal.


A nova central de emerxencias, situada no municipio pontevedrés da Estrada, comezou a operar na madrugada deste mércores. En concreto, segundo apunta o 112 Galicia, a primeira chamada xestionada desde as novas instalacións produciuse ás 00:51 horas.


A atención ás incidencias xestionadas ao longo da noite realizouse a través dunha nova plataforma tecnolóxica, creada de forma específica para o 112 Galicia e que, segundo explicou, "permite integrar maior número de información a tempo real".


Con este novo sistema, foron atendidas ata as 8:00 horas deste mércores un total de 326 chamadas, para dar resposta a 78 incidencias, segundo os datos apuntados polo 112 Galicia.


O novo CIAE do 112 permite acoller 77 postos iniciais de atención directa, o que supón incrementar nun 125 por cento a atención de resposta ao cidadán, segundo lembran as mesmas fontes.

relacionada A Xunta fai esta noite o traslado do 112 ao novo centro da Estrada
relacionada Declarados "ilegais" os servizos mínimos do 100% para o 112

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE