A familia do mozo senegalés afogado no Orzán pide axuda para repatriar o cadáver

O Foro Galego de Inmigración abriu unha conta bancaria para sufragar os gastos, que ascenden a 6.000 euros. 


|

Orzansalvamento


O Foro Galego de Inmigración emitiu este mércores un comunicado no que lamenta a morte dun mozo de orixe senegalesa na praia do Orzán, á vez que pide a colaboración cidadá para axudar aos seus pais para repatriar o seu cadáver.


O accidente rexistrouse este luns cando o mozo, que se atopaba cuns amigos xogando ao fútbol no areal, meteuse na auga para recoller e balón e non foi capaz de volver saír.


O Foro lembrou que o menor levaba "pouco máis dun ano" vivindo na Coruña, onde chegara grazas a un proceso de reagrupación familiar.


Co obxectivo de "axudarlle no seu camiño de volta", a entidade abriu unha conta a nome do pai da vítima, "exclusivamente para sufragar os gastos da repatriación do cadáver", que ascenden a 6.000 euros. A conta para colaborar coa familia do mozo é ES51 2030 3105 9630 4003 4248.

relacionada Atopan o corpo sen vida do menor desaparecido na praia do Orzán

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE