Atopan o corpo sen vida do menor desaparecido na praia do Orzán
Trátase dun mozo senegalés de 16 anos ao que, segundo algúns particulares, o levou a corrente.
O corpo do mozo que desapareceu en augas da coruñesa praia do Orzán foi atopado sen vida apenas un par de horas despois.
Diso deron conta a Europa Press fontes do 112, que indicaron que se trata dun mozo senegalés duns 16 anos.
A alerta sobre un mozo en apertos en augas do Orzán chegou á central sobre as 18,00 horas. Algúns dos particulares que deron o aviso sinalaron que "o estaba levando a corrente".
Foi por iso que se despregou o helicóptero de Salvamento Marítimo, que sobrevoou a enseada da cidade herculina, mentres os mergulladores avaliaban se o estado do mar lles permitía sumarse ás tarefas de procura.
Ademais, foron mobilizados os Bombeiros, a Policía Local, Protección Civil, o Servizo de Gardacostas de Galicia, a Policía Nacional e o 061.
Escribe o teu comentario