O Concello da Coruña presume de "saúde financeira"

Pechou 2016 cunha "débeda viva de 73 millóns de euros", a "máis baixa rexistrada no ente municipal nos últimos 10 anos".


|

Xulioferreirocoruna


O Pleno ordinario do Concello da Coruña será escenario este luns 10 de abril da toma de coñecemento da aprobación das liquidacións orzamentarias do Concello herculino relativa ao ano 2016, así como dos seus entes dependentes.


De igual maneira, tal e como precisou o Consistorio nun comunicado, tamén se procederá a dar información sobre o informe trimestral, emitido polo departamento de Intervención Xeral relativo á execución de Plan de Axuste durante o pasado exercicio.


Así, durante a sesión plenaria darase conta de que o Concello da Coruña, tal e como precisou este, pechou a súa liquidación correspondente a 2016 rexistrando "un superávit de 27.465.486,85 euros", polo que "se alcanzou o principio de estabilidade orzamentaria e se cumpriu co teito de gasto".


O Goberno local, segundo continuou este, proxecta amortizar de forma anticipada, grazas ao superávit resultante da liquidación orzamentaria, o pago do crédito solicitado en 2012 polo anterior Executivo local dentro do denominado programa de Plan de Axuste posto en marcha naquel momento polo Ministerio de Facenda e que tiña como destino o pago a provedores.


A concelleira de Facenda, Eugenia Vieito, destaca que os resultados do pasado ano revelan "a saúde financeira do Concello da Coruña", que se ve exemplificada, defendeu, no feito de que "a finais de ano rexistraba unha débeda viva de 73 millóns de euros", a "máis baixa rexistrada no ente municipal nos últimos 10 anos".


"Tan só a liquidación orzamentaria de 2011 rexistrou un resultado máis baixo, neste caso de 70,03 millóns, aínda que neste caso non se incluía na débeda viva municipal a devolución dos PIEs (Participación dos Ingresos do Estado) correspondentes a 2008 e 2009, polo que se comprende, tendo en conta este factor, que o resultado de débeda viva de 2016 é a máis baixo dos últimos exercicios", argumentou o Concello.


Ademais, proseguiu o Concello, o informe de Intervención indica que "a evolución do remanente líquido de tesourería para gastos xerais, por un importe aproximado de 20 millóns de euros, reflicte o aumento da magnitude financeira do Concello da Coruña a curto prazo".


"O aumento pon de manifesto unha mellora substancial da solvencia financeira deste Concello a curto prazo, comentou a concelleira de Facenda.

relacionada O Goberno da Coruña leva a pleno o carácter lúdico e irreverente do entroido

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE