Un ourensán dedicábase a alugar a través de internet vivendas pantasma en Eivissa

O detido daba maior credibilidade á estafa falsificando todo tipo de documentación como facturas de luz e impostos.


|

Alquilervacaciones


Axentes da Policía Nacional detiveorn en Ourense un home que alugaba vivendas de Eivissa que non existían a través de coñecidas páxinas da internet. Aproveitaba a alta demanda de aloxamentos na illa para enganar ás súas vítimas con fotografías de casas reais.


Segundo informa a dirección xeral de Policía nun comunicado, a investigación iniciouse cando os axentes recibiron información sobre unha estafa inmobiliaria mediante a que se ofertaban vivendas supostamente en Eivissa, pero que en realidade non existían.


Estes anuncios estaban ben elaborados, con fotografías de casas reais de Eivissa e datos específicos das mesmas, acompañados do contacto da persoa que supostamente os xestionaba.


Así, cando o arrestado conseguía atraer a atención dalgún interesado nos supostos alugueres, daba maior credibilidade á transacción falsificando todo tipo de documentación como facturas de luz e impostos. Desta forma conseguía que as súas vítimas cresen que era propietario das vivendas ofertadas.


Finalmente, facíase coas cantidades estafadas por transferencias e outros medios de envío de diñeiro por correo ou mesmo a súa entrega en man.


Obtido o seu obxectivo, deixaba de contestar o teléfono cando as vítimas, tras decatarse da estafa e unha vez que se atopaban xa en Eivissa, trataban de poñerse en contacto con el para reclamar o diñeiro adiantado. Cando conseguían falar co estafador, recibían ameazas por parte deste.


A detención realizouse en Ourense, así como un rexistro no seu domicilio no que se incautou numerosa documentación relacionada coa súa actividade delitiva.

relacionada Tres detidos por estafar a parados coa promesa de falsos postos de traballo
relacionada Estafa 2.000 euros a unha anciá de Poio facéndose pasar por un sobriño de EEUU

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE