ETA: "As armas e explosivos están en mans da sociedade civil"
A banda terrorista envía unha carta á BBC onde comunica que "xa é unha organización desarmada" e falan dun "camiño duro e difícil" por diante.
ETA comunicou o seu desarmamento esta medianoite a través da cadea pública británica BBC, con eloxios aos colectivos que mediaron no seu apoio e ás institucións vascas. A organización terrorista recorreu á retórica habitual para evitar falar da súa disolución e criticar os gobernos de España e Francia polos sucesivos golpes policiais que levaron á súa derrota.
"ETA, organización socialista revolucionaria de liberación nacional, quere informar a comunidade internacional de que xa é unha organización desarmada, pois a estas alturas as armas e explosivos que tiña baixo o seu control atópanse en mans da sociedade civil", comeza o comunicado.
O escrito, de apenas cinco parágrafos, está datado este 7 de abril de 2017, un día antes do anunciado acto en Baiona (Francia) no que diferentes colectivos apoiarán o desarmamento de ETA. Os terroristas falan dun "camiño duro e difícil".
... Continúa lendo esta noticia en Pressdigital.
Escribe o teu comentario