Mato di agora que ve "ben" o paso adiante de Escribano

A conselleira de Medio Ambiente pediu o voto para a súa candidatura a liderar o PP coruñés ata o punto de "humillar" ao seu rival


|


Beatriz mato 1

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, asegurou que ve "moi ben" que o exdiputado autonómico Javier Escribano dese o pasado de presentarse, do mesmo xeito que ela, para optar a liderar o PP da Coruña.


Con todo, remarcou que o importante é que se presente "un proxecto". "E que non sexa un motivo vinculado a un interese persoal ou outro espírito que non sexa construtivo", engadiu sobre os motivos para presentarse como candidato.


Antes de asistir a un xantar-coloquio no Club Financeiro, asegurou, en declaracións os xornalistas, que o obxectivo debe ser ter "unha organización forte e unida".


Ademais, insistiu en que se debe ofrecer á cidadanía "unha opción real de goberno". Con todo, instou "a calquera que teña a oportunidade de presentarse" a que o faga para lograr "un equipo que sexa capaz de seducir aos coruñeses".


"HUMILLAR"


Nun acto con militantes no Club Náutico da Coruña a 'candidata da Xunta' pediu apoios chamando a gañarlle a Escribano "por goleada e ata humillar", afirmación pola que lle pide que o seu adversario lle pediu que "rectifique". 


"Hai expresións que van moito máis alá de ser simples comentarios e que indican cales son as formas de actuar por parte daqueles que pretenden representarnos e tratar de humillar a un compañeiro de partido, polo mero feito de ser tamén candidato. Esa é a peor das intencións coa que unha candidata pode afrontar un proceso democrático", resolvía o ex deputado. 

relacionada O adversario de Mato a liderar o PP da Coruña esíxelle "unha rectificación inmediata"
relacionada O ex deputado Javier Escribano competirá con Beatriz Mato polo PP coruñés

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE