Un rottweiler deixa gravemente ferida á veterinaria da canceira de Ordes
Luck, de 7 anos, foi sacrificado tras a agresión | A muller tivo que someterse a unha operación de reconstrución de xemelgos.
O ataque dun rottweiler da canceira municipal do Concello de Ordes case lle custa a vida á súa coidadora, a veterinaria do recinto. Segundo informan varios medios, o animal, que levaba pouco tempo na canceira, atacou a Concepción cando esta entrou na súa gaiola, e foron os berros de socorro da muller os que alarmaron aos bombeiros, que por sorte para Concepción, están á beira da canceira. A súa rápida intervención cunha mangueira logrou que Luck soltase a Concepción, quen tivo que empolicarse ao valo para fuxir do ataque. Para entón, o can de sete anos xa conseguira engancharse ao seu xemelgo e insistía en desgarralo, segundo o relato estremecedor da muller ao diario La Voz de Galicia.
Concepción foi inmediatamente trasladada a un centro de saúde e agora está ingresada no hospital de Conxo, onde foi operada de urxencia para reconstruírlle os xemelgos. A súa recuperación será longa e requirirá rehabilitación para volver xerar masa muscular nesta área. O animal xa foi sacrificado e Concepción asegura que seguirá co seu oficio e a atención aos cans.
Escribe o teu comentario