A Xunta convoca 12 prazas do curso de mergullador para inmersións de ata 30 metros
Os interesados en matricularse poden facelo ata o 11 de maio.
A Consellería do Mar convocou un curso de mergullador para inmersións de ata 30 metros de profundidade --mergullador de segunda clase restrinxido-- que contará con 12 prazas. Os interesados en matricularse poden facelo ata o 11 de maio.
Esta acción formativa impartirase no Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA), na Illa de Arousa (Pontevedra), do 5 de xuño ao 7 de xullo. A súa finalidade é que os alumnos matriculados poidan adquirir a titulación para exercer o mergullo en profundidades de ata 30 metros.
Para poder facer este curso é necesario contar co de iniciación ao mergullo profesional. O alumnado desta acción formativa recibirá contidos sobre o emprego de equipos de mergullo autónomo e de subministración desde superficie con aire, entre outros aspectos.
Escribe o teu comentario