Aprobado o cambio do decreto de socorrismo

Os socorristas galegos terán un período de catro anos máis, ata 2021, para adaptarse ao decreto que os obriga a dotarse dun certificado de profesionalidade. 


|

Socorristatorre


O Consello da Xunta aprobou este xoves a modificación do decreto de socorrismo, que amplía a catro anos o prazo transitorio para acreditar a formación mínima.


Así mesmo, créase o Rexistro Profesional de Socorristas de Galicia, nun texto sometido a exposición pública e que é froito do consenso entre os principais axentes implicados: As tres universidades galegas, Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Cruz Vermella e Federación de Socorrismo de Galicia.


Así, ampliarase o período transitorio para adaptarse ao decreto que obriga aos socorristas galegos a dotarse dun certificado de profesionalidade (de 2012), o que permitirá aos profesionais inscritos no rexistro galego poder traballar sen este requisito específico catro anos máis (ata 2021).


As novidades que se introducen no decreto buscan asegurar a cobertura de efectivos nas praias e instalacións acuáticas galegas con garantías de seguridade.

relacionada Catro anos máis de marxe para regularizar os socorristas en Galicia
relacionada ​A Deputación da Coruña formará 90 socorristas para solucionar as carencias nas praias

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE