Luz verde ao decreto lei que permite a Galicia convocar 1.043 prazas docentes

A taxa de reposición é do 100% | No conxunto de España haberá 10.000 prazas para educación non universitaria e 1.500 para universitaria


|

Mendezdevigoministroeducacion


O Consello de Ministros aprobou este venres o real decreto lei que permitirá ás comunidades autónomas desbloquear as súas ofertas de emprego e convocar oposicións.


O texto establece unha taxa de reposición do profesorado do 100% e permitirá ás comunidades sacar adiante 10.000 prazas docentes en educación non universitaria e 1.500 de Universidade. No caso galego, a OPE ascenderá a 1.043 prazas docentes en educación non universitaria.


De non executarse este ano, poderán acumular as prazas para anos posteriores. Así o aseguraron o ministro de Facenda e Administracións Públicas e de Educación, Cristóbal Montoro, e o portavoz do Goberno e titular de Educación, Íñigo Méndez de Vigo, na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros.


Méndez de Vigo indicou que o seu departamento vai convocar este ano 42 prazas docentes en Ceuta e Melilla, que é onde ten a competencia. Así mesmo, sinalou que hai seis comunidades autónomas que van celebrar oposicións en 2017: Cataluña, País Vasco, Andalucía, Galicia, Madrid e Baleares.


Ademais, o proxecto de Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2017, que aprobou tamén o Consello de Ministros este venres, permitirá ás comunidades autónomas convocar as prazas necesarias nos corpos de funcionarios docentes para reducir a interinidade ata o 8% no prazo de tres anos. Na actualidade sitúase por encima do 20% de media en España.

relacionada O Conselleiro de Educación confirma que as oposicións docentes convocaranse en abril
relacionada Feijóo apela á responsabilidade do PSOE no Congreso para aprobar a OPE
relacionada Feijóo reitera que Galicia pretende sacar a OPE, pero coa condición dos orzamentos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE