O Conselleiro de Educación confirma que as oposicións docentes convocaranse en abril
Valora moi positivamente o desbloqueo da OPE mediante decreto lei, que se aprobará "segundo todas as informacións" o día 30 de marzo.
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, valorou "moi positivamente" o desbloqueo da oferta pública de emprego (OPE) mediante decreto lei, como expuxo recentemente o Ministerio do ramo, dado que se trata dunha solución que "parece que dá soporte á decisión de sacar as oposicións".
Este Real Decreto, sinalou o conselleiro, aprobarase "segundo todas as informacións" o próximo 30 de marzo. "A partir de aí, abrirase o proceso para facer a convocatoria en Galicia", engadiu.
Desta forma, a Xunta "convocaría as oposicións ao redor da primeira quincena de abril" e estarían en prazo para que os exames se celebrasen "a finais do curso académico". "Estamos en prazo e estase cumprindo a folla de ruta que tiñamos planificada", sentenciou.
Escribe o teu comentario