Feijóo apela á responsabilidade do PSOE no Congreso para aprobar a OPE

Ratificou que a oferta pública de emprego en Educación, con 1.043 prazas --540 de secundaria, 400 de mestre, 80 profesores de FP e 23 de música e artes escénicas--. 


|

Oposicións


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ratificou que a oferta pública de emprego (OPE) en Educación, con 1.043 prazas --540 de secundaria, 400 de mestre, 80 de profesores técnicos de FP e 23 de música e artes escénicas--, convocarase en abril despois de que o Goberno central anunciase un real decreto lei que dará "seguridade xurídica" ás oposicións.


Consciente de que esta norma debe ser referendada no Congreso, cuestión que tamén lle lembrou Xoaquín Fernández Leiceaga, Feijóo pediu ao PSOE que "acerte" esta vez tras "equivocarse" coa estiba.


Convencido de que o Goberno galego fixo de "cómplice" de Montoro, Leiceaga instou a Feijóo a explicar "por que non convocou antes" a pesar de que se podía facer coa base da taxa de reposición, á vez que advertiu que o decreto lei ten que ser referendado no Congreso, onde os populares non teñen maioría para sacalo adiante en solitario. "Pode ser que o transforme nun proxecto lei e iso lévanos a xuño. Eu espero que sexa mellorado e que se superen as taxas de reposición", subliñou, en todo caso.


"ACERTAR" TRAS "EQUIVOCARSE" COA ESTIBA


"Coidado! Que me di que o real decreto lei hai que validalo e que, se cadra, vostedes non están de acordo", replicou o presidente, quen suxeriu unha ameaza velada tras o comentario do socialista. "Está a dicirme: busquen vostedes unha solución para non depender da irresponsabilidade da oposición", agregou.


Ademais, pediu que o PSOE actúe con "responsabilidade" e manifestou o seu desexo de que "acerte" esta vez tras "equivocarse" coa estiba. "Non xoguen cos opositores!", remarcou.


ENERXÍA


Pola súa banda, Ana Pontón, a portavoz parlamentaria do grupo nacionalista, incidiu en que Galicia, a pesar de ser "potencia en enerxía eléctrica", non se beneficia desta condición pois "máis dun terzo da nosa enerxía leva a outras partes de España e nós pagamos os custos sociais e ambientais".


Desta forma, propuxo a Feijóo unha "tarifa eléctrica galega", ademais dun cambio no modelo enerxético que "só beneficia ás empresas" e determinar que sexa incompatible "sentar no Consello de Ministros e no das eléctricas", en relación ás coñecidas ?portas giratorias? que segundo Pontón, "non dan abasto" e a posto como exemplo en ton retórico ao "experto en enerxía Arsenio Fernández de Mesa". Ademais subliñou que o ticket eléctrico "non é suficiente pois só chega a un 6% da poboación".


Pola súa banda, Feijóo tachou as propostas nacionalistas de pouco factibles a nivel Estado e comparou Galicia con outras zonas de España tamén excedentarias, á vez que expresou o seu desacordo coa visión "localista" do BNG: "Nos Peares temos tres encoros, entón non pagamos luz", espetoulle á deputada. 

relacionada O Conselleiro de Educación confirma que as oposicións docentes convocaranse en abril

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE