Fontàs: "Custaría atopar un adestrador que levase isto coma Berizzo"

|

Fontascelebracion


Co continuo ruxerruxe da posible saída de Berizzo do banco celeste mentres non renove, o persoal desexa que siga. Niso insitiu hoxe Andreu Fontàs. O catalán afirma que "Berizzo é o líder claro deste equipo e como adestrador ten toda a importancia do mundo, ten un mérito importante todo o que está a facer o Celta. Oxalá siga e sigamos crecendo máis".


A del é unha opinión compartida polos compañeiros: "A gran maioría do persoal estaría encantado de que o míster seguise. Se se fose custaría atopar un adestrador que levase isto como o fai el", insistiu.


Sobre o que queda por diante, o central afirma que o afrontan "con toda a ambición do mundo. Non vai ser fácil conseguir todos os retos, pero imos tentar todo: chegar á sétima praza, que temos opcións, e despois na Europa League pasar unha eliminatoria moi dura e tendo en mente que podemos facer historia".


Así, manifestou que "son igual de importantes as dúas competicións". Sobre a participación europea, defende que "cando te afás a xogar dúas veces por semana é moi intenso pero é moi bonito. Fai que todo o mundo estea moi metido".


Tamén dixo estar "ecantando" se volve Nolito ao Celta "como compañeiro dentro do campo e pola relación fóra. Sábeme mal que non estea a ter todos os minutos que un xogador desexa".

relacionada O Celta faise tamén co segundo derbi da tempada
relacionada O Celta xogará contra o Genk belga facer historia en Europa

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress