Deteñen un home en Sarria por abusar dunha peregrina alemá
Permanece nos calabozos da Garda Civil á espera de pasar a disposición xudicial.
A Garda Civil detivo un home como presunto autor dun delito de abuso sexual a unha peregrina alemá no termo municipal de Sarria.
Segundo informaron a Europa Press fontes da investigación, a detención produciuse o martes e o home permanece nos calabozos da Garda Civil á espera de pasar a disposición xudicial.
Sobre estes feitos transcendeu que supostamente se produciron cando a peregrina de nacionalidade alemá estaba a realizar o Camiño de Santiago.
FÍXOLLE TOCAMENTOS E TENTOU BICALA
O home detido tería abordado á moza e tentado bicala tras tocarlle un peito.
O home abordou á peregrina cando realizaba o Camiño de Santiago na xornada do martes. A muller, unha moza de 24 anos e de nacionalidade alemá, acudiu ao cuartel de Sarria para denunciar os feitos.
A moza relatou que cando realizaba o camiño, á altura do 'fito 104', no municipio de Sarria, un home abordouna e tocoulle un peito. Ademais, indicou que tentou bicala.
Tras a denuncia produciuse a detención do presunto agresor, un home de 61 anos veciño de Sarria, quen nas próximas horas será posto a disposición xudicial.
O detido foi levado aos calabozos da Garda Civil de Sarria, que é onde a peregrina denunciou os feitos, á espera de pasar a disposición xudicial.
Escribe o teu comentario