A neve deixa sen transporte escolar a 173 concellos o mércores e o xoves

A suspensión afecta as catro provincias ao preverse que a cota de neve baixe ata os 400 metros. Iso si, a Xunta non suspende a actividade docente.


|

Quitaneves


A Xunta suspendeu o transporte escolar este mércores e xoves nun total de 173 concellos galegos por aviso de neve nas catro provincias, cunha cota que se prevé que baixe ata os 400 metros.


Respecto diso, a Consellería de Educación sinala que non se suspende a actividade docente, aínda que "no caso de que as circunstancias meteorolóxicas no municipio no que se atopa o centro de ensino supuxesen un risco superior ao declarado os directores poderán adoptar as decisións oportunas respecto das actividades no exterior ou as extraescolares".


De tal forma, a Xunta informa de que queda suspendido o transporte escolar por alerta laranxa no Interior da Coruña, Centro e Sur de Lugo, Noroeste de Ourense e Interior de Pontevedra (entre as 12,00 do 22 e mediodía do 23 de marzo).


Tamén se suspende transporte e actividades extraescolares en: a Montaña de Lugo e Ourense (entre as 00,00 horas do 22 e o mediodía do 23), así como no Sur de Ourense (entre 08,00 horas do 22 e mediodía do 23).


Pola súa banda, na zona de Valdeorras suspéndese o transporte escolar por alerta amarela a partir das 09,00 horas do día 22 e as 09,00 horas do 23.

relacionada Alerta por neve nas zonas máis altas de Lugo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE