Alerta por neve nas zonas máis altas de Lugo
En Pedrafita, O Courel e Cervantes, a Deputación mantén despregadas 10 maquinas quitaneves para despexar as estradas.
A semana comeza cun temporal que afectará a practicamente a toda España e que deixa complicacións, sobre todo pola mañá, en Galicia. Na provincia da Coruña está activado o aviso pola ondada, mentres que a de Lugo está afectada tanto as ondas como pola neve.
Galicia queda esta xornada nunha situación intermedia entre o anticiclón dos Azores e a borrasca situada no Mediterráneo. As complicacións, con todo, irán remitindo co avance da mañá para ir abríndose grandes claros no ceo pola tarde.
En Lugo, a Deputación mantén activado o protocolo invernal nas estradas, con 10 operarios e máquinas quitaneves despregados para retirar a acumulación de neve nas vías dos puntos máis altos da provincia. En concellos da Montaña houbo acumulacións de entre 5 e 10 centímetros, en Pedrafita, O Courel e Cervantes.
Esta mañá están abertas todas as estradas da rede viaria da provincia, pero o ente provincial mantén en alerta o resto de dispositivo invernal.
Escribe o teu comentario