Os galegos elixen a Luís Tosar, Xosé Touriñán e Feijóo para ir 'de cañas'
O presidente da Xunta accede por primeira vez á clasificación, cun 13,6 por cento dos votos.
Os galegos elixen un ano máis ao actor lucense Luís Tosar como o personaxe popular ideal para ir 'de cañas', cun 15,3 por cento dos votos, xunto co cómico Xosé Touriñán.
Así o recolle a enquisa 'Con quen irías de cañas?', realizada por Madison Market Research para Cervexeiros de España, na que os galegos volveron a elixir os seus personaxes preferidos para saír a tomar unha cervexa.
Tras Luís Tosar, por primeira vez, e dado o seu recente éxito, o cómico Xosé Touriñan entra no ránking e comparte a posición co consolidado actor galego.
Tras eles, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, accede por primeira vez á clasificación, situándose como o seguinte personaxe galego máis querido polo seu paisanos para ir tomar unhas cervexas, cun 13,6 por cento dos votos.
Así, nun ránking moi político, inclúense con rostros como o do presidente do Goberno, Mariano Rajoy (8,5%), ou o rexedor herculino, Xulio Ferreiro (5,1%), quen se converte en candidatos a ir 'de cañas' cos galegos.
Escribe o teu comentario