Arde en Redondela un autobús con 10 pasaxeiros a bordo

Un compañeiro do condutor, que se cruzou con el, alertouno do fume e as chamas que saían do motor. Non hai ningún ferido.


|

Vitrasaautobusredondela


Un autobús da concesionaria de transporte urbano de Vigo, Vitrasa, ardeu á primeira hora da mañá deste luns na N-552, na parroquia redondelá de Chapela, sen que se rexistrasen feridos a pesar de que viaxaban nese momento unhas 10 persoas.


Segundo sinalaron fontes do 112 Galicia, un particular alertou a emerxencias sobre as 8,30 horas e relatou que un autobús estaba a arder, aínda que precisou que non había ninguén no interior. Ao lugar desprazáronse efectivos do parque de bombeiros de Teis, de Protección Civil e da Policía Local de Redondela.


O autocar, unha unidade da liña C3, parte da cal discorre polo termo municipal de Redondela, circulaba en dirección a Vigo e estaba nunha parada no número 106 da Avenida de Redondela, segundo informaron a Europa Press fontes da empresa.


Un condutor de Vitrasa, que circulaba en dirección contraria, decatouse de que saían fume e chamas do motor de bus que estaba na parada e alertou ao seu compañeiro. Inmediatamente, o chofer desaloxou o vehículo, no que viaxaban unhas 10 persoas, que foron traspasadas a outro autobús sen incidencias.

relacionada Un condutor de autobús escolar dá positivo por alcol en Portomarín

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE