Un condutor de autobús escolar dá positivo por alcol en Portomarín
Deu 0,23 miligramos por litro de aire na proba, cando o límite para os condutores profesionais está en 0,15.
Un condutor de transporte escolar deu positivo este xoves durante un control de alcoholemia realizado na localidade luguesa de Portomarín.
Diso informaron a Europa Press fontes da Subdelegación do Goberno de Lugo, que apuntan que o resultado foi de 0,23 miligramos de alcol por cada litro de aire expirado.
O límite da taxa de alcol para os condutores profesionais está situado en 0,15 miligramos de alcol por cada litro de aire expirado.
ACCIDENTE EN MONFORTE
Este venres pola mañá, un autobús escolar sufriu un accidente de tráfico ao cruzarse na vía un corzo no municipio lugués de Monforte, pero non houbo persoas feridas.
O autobús que circulaba pola estrada que une as localidades de Monforte e Sober, con 10 nenos a bordo que saíron ilesos, sufriu o sinistro á altura do punto quilométrico catro. A mesma empresa encargouse de que os menores continuasen o seu destino noutro autobús.
Escribe o teu comentario