Nova multa de 60.000 euros ao Dépor por unha pancarta dos Riazor Blues
Antiviolencia propón dúas multas de 30.000 euros por unha pancarta coa lenda 'Riazor Blues' nos partidos contra o Betis e o Barcelona.
A Comisión contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e a Intolerancia no Deporte volveu multar ao Deportivo da Coruña con outras dúas sancións de 30.000 euros.
A multa débese á exhibición de pancartas do grupo 'Riazor Blues' no seu estadio en dous encontros de LaLiga Santander, segundo informa nun comunicado.
Antiviolencia propuxo dúas multas de 30.000 euros ao Deportivo por permitir que se instalase unha pancarta na Bancada Maratón do estadio de Riazor coa lenda 'Riazor Blues' nos partidos contra o Betis, xogado o 8 de marzo, e FC Barcelona, o 12 de marzo.
Escribe o teu comentario