Condenan a dous anos de prisión ao médico que amputou unha perna a unha ximnasta viguesa

|

Hospitalpaciente 1


O Xulgado do Penal número 3 de Vigo condenou a dous anos de prisión e catro de inhabilitación para o exercicio da profesión médica ao traumatólogo do centro O Castro-Hospital Perpetuo Socorro de Vigo, Pedro M.L.P., ao que considera responsable dun delito de lesións por imprudencia grave pola atención á deportista Desirée Vila, á que amputaron unha perna.


Na sentenza, a maxistrada condena ao médico, así mesmo, a indemnizar á moza ximnasta en máis de 2,15 millóns de euros, así como nos gastos previsibles de asistencia sanitaria e por incremento de custos de mobilidade; cantidades das que deberán responder conxunta e solidariamente o acusado, dúas aseguradoras e o centro médico O Castro.


Esta resolución, que poderá ser recorrida en apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, correspóndese coa petición que fixo a Fiscalía, e supón unha rebaixa respecto da solicitude de tres anos de prisión e catro de inhabilitación que fixo a acusación particular. Pola súa banda, as defensas do doutor, do centro médico e das aseguradoras pedían a libre absolución.


Desirée Vila tivo un grave accidente cando adestraba e como consecuencia sufriu rotura de tibia e peroné. Aínda que inicialmente a levaron ao hospital Fátima, foi trasladada ao Centro Médico O Castro-Hospital Perpetuo Socorro, onde foi intervida. Finalmente, complicacións vasculares obrigaron a levala ao hospital Povisa, onde tiveron que amputarlle parte da perna.

relacionada O Sergas indemnizará a unha parella de Ferrol por dous anos de atraso nunha proba neonatal
relacionada O Sergas ten que indemnizar con 79.000 euros á familia dun falecido por unha infección

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress