O ránking de mellores xefes para os galegos está dominado por homes

Amancio Ortega, Rafa Nadal, Obama ou Juan Roig están entre as primeiras posicións de xefes 'ideais' | Cóanse dúas mulleres entre os primeiros postos: Michelle Obama e Fuencisla Clemares


|

Collagemejoresjefes


O xefe ideal que os galegos quererían ter ten rostro de home. Segundo unha enquisa de Adecco sobre mellores xefes e empresas máis felices para traballar, Amancio Ortega, Rafa Nadal ou Barack Obama encabezarían o ránking. 


En concreto, se sumamos as catro categorías que publica esta enquisa, entre os tres primeiros postos de cada categoría só aparecen dúas mulleres. É dicir, dun total de doce líderes, só un par serían mulleres, unha porcentaxe de menos do 17%. 


Se observamos os primeiros postos de cada categoría, as mulleres están totalmente ausentes, nos segundos postos cóanse Fuencisla Clemares, directora xeral de Google España e Portugal, e Michelle Obama, ex primeira dama de EE.UU. De novo baleiro de mulleres nos terceiros postos da clasificación. 


En canto a as empresas nas que os galegos cren que serían máis felices traballando son Google, L'Oreal e Inditex, que repiten o patrón da anterior enquisa.


DIRECTIVOS DE EMPRESAS


Entre empresarios e directivos, os galegos elixen a Amancio Ortega (40,9%) como xefe predilecto, seguido da directora xeral de Google en España e Portugal, Fuencisla Clemares, que, tras ser nomeada a finais de 2016, entra no ránking na segunda posición, co 23,5% dos votos.


En terceiro lugar, e baixando unha posición, está Juan Roig, presidente de Mercadona, elixido polo 15,7% dos enquisados; ao que seguen María Garaña (de Microsoft Emea), co 11,2% dos votos; e Rosa García, á fronte de Siemens, co 10,4%.


NADAL, GASOL E INIESTA ENTRE OS DEPORTISTAS


No ámbito do deporte, o 36,1% dos galegos consideran que Rafa Nadal sería o seu xefe ideal; mentres que o 27% decántase por Pau Gasol e o 25,2% por Andrés Iniesta, que cae desde a primeira posición do ano pasado.


A continuación, no ámbito do deporte sitúanse Iker Casillas (20,9%), Fernando Alonso (20,1%), Mireia Belmonte (19,1%) ou Vicente do Bosque (18,3%).


UN LÍDER INTERNACIONAL


Segundo apuntou Adecco, por primeira vez nos tres anos nos que leva realizándose este ránking, un líder de ámbito internacional cóase entre os mellores xefes para os galegos.


Trátase do expresidente estadounidense Barack Obama, co 35,6% dos votos, o líder internacional preferido e o terceiro xefe que elixirían a nivel xeral.


No ámbito internacional, o segundo posto é para a exprimera dama de EE.UU. Michelle Obama, co 31,3% dos apoios; e o terceiro para o papa Francisco, co 21,7%. A continuación, os galegos elixen a Will Smith (20,9%), Steve Spielberg (17,4%) e Bill Gates (14,8%), entre outros.


SHOWMAN E ESPECTÁCULO


O informe de Adecco recolle tamén que Arturo Valls, co 23,8% dos votos, é o profesional da comunicación que os galegos prefiren como xefe, seguido do Gran Wyoming (23,5%) e Jordi Évole (20,9%).


Entre os profesionais do espectáculo, pola súa banda, decántanse por Paco León (21,7%), Dani Rovira (18,6%) ou Alaska, que elixe o 18,3%.

relacionada Se podemos elixir xefe, os galegos escollemos a Revilla

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE