A Xunta amplía a duración das concesións das bateas de 30 a 50 anos
Esta medida persegue "incrementar a seguridade xurídica das empresas e dos investidores" e "mellorar o desenvolvemento planificado da acuicultura do mexillón".
A conselleira de Mar, Rosa Quintana, anunciou este mércores que a duración das concesións das bateas pasará dos 30 aos 50 anos, a fin de adaptarse á norma estatal que regula a ocupación do dominio público marítimo-terrestre.
Durante unha visita a unha batea da Asociación de Produtores Mexilloeiros de Cabo de Cruz, en Boiro (A Coruña), explicou que esta medida tamén persegue "incrementar a seguridade xurídica das empresas e dos investidores" e "mellorar o desenvolvemento planificado da acuicultura do mexillón".
A continuación, segundo un comunicado difundido pola Xunta, Rosa Quintana destacou o potencial do sector das bateas como "máximo expoñente da acuicultura en Galicia" e lembrou que recibiu "o 80 por cento" das axudas á acuicultura entre 2009 e 2015.
Escribe o teu comentario